Publicador de contidos

Publicador de contidos

A reforma que obrigará a celebrar debates en campaña electoral non prevé sancións

A reforma que obrigará a celebrar debates en campaña electoral non prevé sancións

O proxecto de reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral tamén inclúe medidas para garantir que as enquisas en período electoral inclúan a difusión dos ficheiros de microdatos

Debate nos medios publicos españois durante a última campaña electoral ao Parlamento Europeo (Europa Press / Alberto Ortega) Debate nos medios publicos españois durante a última campaña electoral ao Parlamento Europeo (Europa Press / Alberto Ortega)
G24.gal 08/07/2025 10:02 Última actualización 08/07/2025 14:22

O Consello de Ministros ten previsto aprobou este martes, para a súa remisión ao Parlamento, o proxecto de reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, que establecerá a obrigatoriedade de celebrar polo menos un debate entre candidatos durante as campañas electorais nos medios de comunicación públicos.

A reforma, cuxo texto aprobou o Gabinete en primeira volta o pasado mes de abril, tamén inclúe medidas para garantir que as enquisas en período electoral inclúan a difusión dos ficheiros de microdatos, algo que non sempre sucede nas sondaxes elaboradas polas empresas demoscópicas, que permite avaliar os resultados obtidos e que se poidan facer estimacións alternativas.

O proxecto foi aprobado para a súa tramitación no outono, cando se renove o período ordinario de sesións, e inscríbese no Plan de Acción pola Democracia, e o Executivo deféndeo como un exercicio de transparencia.

O Ministerio do Interior informou entón de que a norma quere establecer que todos os candidatos de partidos con representación parlamentaria deben participar en debates organizados por medios públicos e abre tamén a posibilidade a que o fagan os representantes de grupos políticos significativos.

Segundo o ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska, a medida "persegue o fortalecemento da democracia"

Porén, a norma non establece medidas sancionadoras para quen non xustifiquen a súa ausencia nos debates, segundo admitiu o ministro.

A modificación da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral faculta á Xunta Electoral Central (XEC) para avaliar se a ausencia dalgún candidato está ou non xustificada, pero en caso de non estalo non inclúe medidas punitivas contra el máis aló de que o medio informe diso.

No caso dos debates nos medios de comunicación privados, estes criterios non serían aplicables, e terán que respectar os principios de pluralismo político, neutralidade informativa, igualdade e proporcionalidade fixados na lei electoral.

En canto ás sondaxes, a lexislación xa establece que deben ir acompañadas polas fichas técnicas, o texto íntegro das preguntas e o número de entrevistados, pero o anteproxecto engadía tamén a obrigación de publicitar tamén os microdatos (os datos individuais da enquisa) debidamente anonimados.

Interior sostén que coñecelos permite garantir a fiabilidade dunha enquisa e facilita á cidadanía e ás entidades, públicas ou privadas, comprobar os resultados da sondaxe e extraer as súas propias estimacións, segundo argumentou tras aprobar o anteproxecto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade