Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chegan de novo as fusións bancarias, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Chegan de novo as fusións bancarias, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 19/05/2025 07:59

Agora mesmo estanse a impor dúas reflexións. A primeira é a necesidade de ter un mercado bancario competitivo; a segunda, que as entidades financeiras medianas teñen que medrar en tamaño e facelo cun núcleo duro forte.

Para ter un mercado competitivo necesítanse máis xogadores nacionais e para  transformar xogadores rexionais en estatais o camiño máis doado e sinxelo son as fusións bancarias. A cuestión é que en España xa quedan poucas entidades, polo tanto, cada vez que falamos de fusións temos que mirar sempre para o mesmo lado, esencialmente para Abanca, Unicaja, Ibercaja e Kutxa Bank. Unha análise sosegada de cada unha delas mostra que todas necesitan unha fusión para ser xogadores nacionais, pero ao mesmo tempo, todas teñen núcleos duros moi sólidos, nada dispostos a perder a súa posición de poder. E cando temos unha fusión sempre temos alguén que perde e alguén que gaña.

E aquí o grande enigma é Sabadell, o maior dos medianos. Suxeito ó forte liderado do seu presidente, pero cun núcleo accionarial máis feble. Se supera esta OPA terá que poñerse como tarefa robustecer o seu accionariado e para percorrer ese camiño só ten unha dirección, a fusión cun mediano. Con cal? A saber.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos