Publicador de contidos

Publicador de contidos

O viño branco da cooperativa Paco & Lola, elixido como o mellor nos premios Alimentos de España 2025

O viño branco da cooperativa Paco & Lola, elixido como o mellor nos premios Alimentos de España 2025

A cooperativa Paco e Lola está formada por máis de 400 familias da comarca da Arousa

G24.gal 09/08/2025 17:22

Os viños galegos están a ser recoñecidos por todo o mundo. O viño branco da adega Paco e Lola acaba de ser elixido como o mellor de España 2025.

O albariño da cooperativa vitivinícola Arousana de Meaño da denominación Rias Baixas foi seleccionado como o mellor nos premios alimentos de España que concede o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.  Segundo o xurado este caldo destacou polos seus aromas de froita madura e con lixeiras notas a sal. 

Así é como aparece reflectido na páxina web do ministerio de Agricultura: "Mellor viño branco: Paco & Lola Prime 2021, pertencente á DOP Rías Baixas, da Cooperativa Vitivinícola Arousana, de Meaño (Pontevedra). Trátase dun albariño de gran proxección internacional, con aromas de froita madura e notas salinas. A cooperativa máis grande da DOP Rías Baixas foi recoñecida pola súa aposta pola investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) e a exportación".

A cooperativa Paco e Lola está formada por máis de 400 familias da comarca da Arousa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar