Publicador de contidos

Publicador de contidos

Revisan a condena de dous homes por asasinar un recluso durante un permiso para roubarlle unha herdanza

Revisan a condena de dous homes por asasinar un recluso durante un permiso para roubarlle unha herdanza

As defensas cren que se vulnerou a presunción de inocencia e piden unha redución das penas

G24.gal 14/11/2022 14:07

Os dous condenados asistiron á vista de apelación celebrada no TSXG por videoconferencia desde o cárcere. Un xurado popular culpounos de asasinar un excompañeiro de prisión, de 63 anos, que levaba 22 cumprindo condena por asasinar a sangue frío a súa muller e os seus dous fillos de 18 e 12 anos, en Gran Canaria.

Contaba con permisos penitenciarios e foi nun deles cando os dous homes quedaron con el nunha explotación agraria, onde, seguindo o plan que estableceran, golpeárono na cabeza ata causarlle a morte e así poder roubarlle a herdanza que sabían que acababa de recibir da súa nai.

Tras o xuízo, un xurado popular emitiu o seu veredicto e foron condenados a un total de 20  e 21 anos de cadea polos delitos de asasinato e estafa continuada.

As defensas recorreron a sentenza porque entenden que se basearon en probas que vulneran a normativa procesal.

Durante a vista, as defensas tamén argumentaron que neste crime si hai feitos probados, pero entenden que se vulnerou tamén a presunción de inocencia e pediron unha redución das penas.

Pola súa banda, a Fiscalía Superior pide a confirmación íntegra da sentenza por considerala axustada a dereito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade