Reunión do comisionado do Corredor Atlántico cos empresarios
Reunión do comisionado do Corredor Atlántico cos empresarios
O Goberno di que os investimentos superan os 1.400 millóns
A Xunta critica que non fora convidada a esta xuntanza
Despois de varios intentos frustrados, este martes, celebrouse o encontro, a porta pechada, entre o comisionado do Corredor Atlántico e os empresarios. Ao encontro tamén acudiu o delegado do Goberno, Pedro Blanco, e o secretario xeral de Infraestruturas, Xavier Flores. A Confederación de Empresarios de Galicia insiste nunha estratexia decidida que unirá territorialmente Galicia co resto de Europa mediante o transporte de mercadorías.
Nesta reunión, o Goberno trasladoulles aos empresarios que xa hai un volume de investimentos de máis de 1.400 millóns de euros, dos que 763 millóns están investidos en obras en execución. Xabier Flores lembrou tamén que a intención do executivo con este Corredor Atlántico é axudar o mundo empresarial a ser máis competitivo.
A Xunta critica non estar invitada
O que non houbo foi encontro entre o comisionado e a conselleira de Infraestruturas. Dende o Goberno din que está pendente unha reunión e que quere seguir co diálogo. Ethel Vázquez asegurou que é unha falta de respecto que a Xunta non fora convidada a esa xuntanza.