Retiran unhas tres toneladas de unlla de gato do faro de Corrubedo
Uns trinta voluntarios da Fundación Abanca encárgaronse de arrincar a especie invasora
A planta exótica modifica o chan e despraza a flora nativa
Caldeiro en man, uns trinta voluntarios intentan arrincar de raíz o manto de plantas de unlla de gato que medra na contorna do faro de Corrubedo.
Ao mellor chegamos a máis de tres toneladas de "carpobrotus" retirada aquí. O que fai esta planta é absorber moita auga, cambia as condicións do solo, o que fai que moitas plantas non poidan competir con ela, di Elia Pérez , do grupo Naturalista Hábitat.
Plantas coma a herba de namorar, o toxo ou perexil mariño quedan sen sitio debido a esta especie invasora. A carpobrotus edulis procede de África e chegou a Galicia como planta ornamental.
Vimos que nesta zona había unha gran problemática con esta especie. Aquí hai máis de cincuenta manchas pequenas repartidas dende aquí ata o faro. Realmente é unha problemática e un perigo, entón decidimos que era hora de pórnos a traballar e que mellor que facelos cos voluntarios da Fundación, di Elia Pérez.
O traballo dos voluntarios require dun seguimento anual para evitar que se expandan as plantas que poidan quedar.