Restauración ecolóxica da lagoa de Cospeito
Restauración ecolóxica da lagoa de Cospeito
Proxecto Mil Río: Xunta vai investir 450.000 euros de fondos europeos en diversas obras de mellora da lagoa
A lagoa de Cospeito está integrada nun espazo natural de 37 hectáreas e pertence á Rede Natura 2000, que alberga nove hábitats de interese comunitario
A lagoa de Cospeito está integrada nun espazo natural de 37 hectáreas e pertence á Rede Natura 2000. Conta con nove hábitats de interese comunitario, o que a posiciona entre as mellores.
Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: "É un emblema e dende o punto de vista ecolóxico é do máis importante que temos en Galicia e atrévome a dicir que é de importancia transcendental tamén a nivel nacional".
Para garantir o seu bo estado de conservación e a súa biodiversidade a Xunta vai investir 450.000 euros de fondos europeos en diversas obras de mellora, como a restauración do bosque de ribeira ou o control das especies exóticas invasoras. Obras clave nun punto clave.
Armando Castosa, alcalde de Cospeito: "É un elemento simbólico do concello e tamén de toda a comarca da Terra Chá. É o eixo vertebrador de numerosas actuacións que facemos en Cospeito".
A lagoa de Cospeito conta con numerosas especies de fauna e flora, algunhas delas protexidas, e destaca por ter ata medio centro de aves de diferentes familias.
José Manuel Pena, técnico de Patrimonio Natural: "Segundo a época do ano hai un montón de aves aquí que utilizan a lagoa non só como refuxio, tamén como lugar de alimentación e cría".
Natureza, patrimonio e turismo conflúen na lagoa de Cospeito.