Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan unha muller que caeu co seu coche ao río Verdugo

Rescatan unha muller que caeu co seu coche ao río Verdugo

O suceso ocorreu en Ponte Caldelas, á altura do mercado

G24.gal 14/04/2023 20:07 Última actualización 14/04/2023 21:23

Dous veciños rescataron con vida unha muller que caeu ao río Verdugo co seu coche este mediodía.

O primeiro rescatador, Carlos Soutelo, tirouse á auga cando a muller estaba dentro do vehículo. El só foi quen de abrir unha porta traseira do coche cando a vítima xa tiña a auga ao pescozo. Mesmo conseguiu sacala fóra do coche.

Un compañeiro del, Jose Ángel Soares, tamén se tirara ao río. Entre os dous conseguiron sacar a muller da auga.

O accidente debeuse a un descoido, ao aparcar á beira do río e non calcular ben as distancias.

A muller está en bo estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade