Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan cinco tripulantes dun veleiro en Ares en perigo de chocar contra unha batea

Rescatan cinco tripulantes dun veleiro en Ares en perigo de chocar contra unha batea

A bordo da embarcación ían cinco adultos e dous nenos

O barco non podía arrancar o motor pola rotura do cabo de suxeición da vela

G24.gal 06/08/2022 11:21

Os cinco tripulantes, dous deles nenos, dun veleiro que sufriu problemas técnicos mentres navegaba pola ría de Ares e que corría perigo de chocar contra unha batea en Lorbé, foron rescatados por unha embarcación do Servizo Marítimo da Garda Civil.

Unha lancha semirríxida que intentaba auxiliar o barco tamén recibiu a axuda.

A patrulleira Río Xallas da Garda Civil recibiu o aviso da situación desde a torre de control de Salvamento Marítimo da Coruña, o xoves pola tarde. Tras rachar o cabo da vela xénova e ter impedimentos para poñer en marcha o motor, os tripulantes pediron axuda. Unha embarcación semirríxida acudiu pero cando estaba nas proximidades de Lorbé, tamén foi arrastrada polo vento.

A patrulleira da Garda Civil desprazouse á zona e interveu cando o veleiro xa estaba a poucos metros de chocar contra unha batea.  Os axentes remolcaron o barco ata o porto de Sada e pouco despois tamén lles pediu auxilio o piloto da outra nave semirríxida. Nesta embarcación ían tres adultos.

Non houbo ningún lesionado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar