Publicador de contidos

Publicador de contidos

Auxilian un home que sufriu unha indisposición no Fuciño do Porco, no Vicedo

Auxilian un home que sufriu unha indisposición no Fuciño do Porco, no Vicedo

O afectado atopábase a uns 200 metros do lugar máis próximo ao que podía acceder a ambulancia

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 29/08/2026 19:26

Un home foi auxiliado polos servizos sanitarios tras sufrir unha indisposición cando se atopaba no Fuciño do Porco, ruta do municipio do Vicedo, en Lugo.

O 112 Galicia recibiu unha chamada dun particular ás 14:15 horas deste sábado, na que se indicaba que un home atopábase mal e perdera a conciencia.

O afectado estaba a uns 200 metros do lugar máis próximo ao que podía acceder a ambulancia.

Ata o punto desprazáronse membros do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, os bombeiros, Protección Civil e a Garda Civil.

Finalmente, o home puido desprazarse polos seus propios medios ata o punto onde se atopaba a ambulancia. Alí, foi atendido polos sanitarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade