Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan catro tripulantes dun pesqueiro británico na Coruña

Rescatan catro tripulantes dun pesqueiro británico na Coruña

O Arlanda tivo unha vía de auga a 105 millas da costa e o Helimer trasladou os tripulantes a Alvedro

O pesqueiro británico Arlanda en dificultades O pesqueiro británico Arlanda en dificultades
G24.gal 18/09/2022 13:02 Última actualización 18/09/2022 13:13

Os efectivos de Salvamento Marítimo na Coruña interviñeron o sábado pola tarde na costa da Coruña no rescate dun pesqueiro en dificultades. A embarcación Arlanda, que saíu do porto irlandés de Portavogie o venres estaba a unhas 105 millas náuticas da Coruña cando sufriu unha vía de auga.

Os catro tripulantes do barco, de 16 metros de eslora, deron aviso aos servizos de rescate marítimos pasadas as seis da tarde. Nun operativo coordinado desde o centro de control de Fisterra mobilizouse o avión Sasemar 102 e o helicóptero Helimer 402. Tamén se deu aviso a varios buques que estaban na zona próxima por se podían colaborar no rescate.

O helicóptero con base na Coruña logrou sacar do pesqueiro os tripulantes e trasladounos ata o aeroporto de Alvedro. Foi un operativo especialmente complexo pola dificultade nas comunicacións e pola grande distancia á costa, ao límite da zona de rescate.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade