Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatados catro bañistas que non podían saír da auga en Praia América, Nigrán

Rescatados catro bañistas que non podían saír da auga en Praia América, Nigrán

Foi no lugar no que desemboca o río Muíños, unha zona de fortes correntes

Unha muller tivo que ser trasladada ao Hospital logo do rescate

Os socorristas tiveron que axudar 3 menores que non eran quen de saír do mar

Imaxe cedida por S. Martínez
G24.gal 11/08/2025 14:23 Última actualización 11/08/2025 20:40

Catro persoas tiveron que ser rescatadas nas últimas horas da auga en Praia América, no concello de Nigrán. Foron 3 menores e unha muller, que tivo que ser trasladada ao hospital. Non eran capaces de saír do mar nun punto, na desembocadura do río, onde hai correntes fortes cando coincide con marea alta. 

É un lugar onde está prohibido o baño. En días en que hai marea alta hai correntes e é difícil saír da auga, mesmo para os socorristas que tiveron que solicitar axuda de Protección Civil que acudiu coa embarcación ata o punto. Un dispositivo que foi seguido polas persoas que ateigaban o areal.

Coincidiron os rescates case ao mesmo tempo. Tres menores que tiveron que sacar da auga os socorristas e un operativo mais amplo en que participaron tamén os bombeiros do Val Miñor e a Policía local de Nigrán para rescatar á muller que tivo que ser trasladada ao Hospital. 

Algúns bañistas saben do perigo desta zona na que desemboca o río e lembran rescates anteriores. Malia todo, hai quen di que é un lugar seguro. 

Dende os Servizos de Emerxencia recomendan evitar o baño neste punto, que coincide coa desembocadura do río. Nas últimas semanas houbo varios sucesos semellantes neste mesmo lugar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade