Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido un mozo de 17 anos tras saltar ao Lérez dende unha ponte

Ferido un mozo de 17 anos tras saltar ao Lérez dende unha ponte

O adolescente permanece na Unidade de Coidados Intensivos é o seu prognóstico é reservado

G24.gal 12/08/2025 14:05

Un rapaz de 17anos saltou dende a Ponte das Palabras contra as 8 da tarde de onte e o resultado foi dramático. Os feitos, segundo a Policía Nacional de Pontevedra que se fixo cargo da investigación, aconteceron do seguinte xeito:

Varios rapaces, segundo unha testemuña que despois se lanzou ao río a socorrer a vítima, falaban e planeaban un salto dende o centro da ponte xusto á hora da preamar, aínda que nesta zona río dentro as mareas non son tan salientables. A profundidade tampouco semella suficiente.

El advertiulles que tiveran coidado e que non fixeran tal cousa, pero eles contestáronlle que sabían o que facían. Probablemente algún máis tiña previsto facelo pero tras ver que o primeiro saltaba dende máis de 20 metros e non saía a flote non o fixeron.

O home que lles advertira e un policía nacional de paisano que paseaba pola zona metéronse no río pero non foron quen de atopalo. A chegada dos equipos de emerxencias foi fundamental. Os mergulladores dos Bombeiros de Pontevedra viñeron nunha embarcación e rescatárono medio inconsciente entre pólas e unhas rochas. Puideron reanimalo parcialmente e foi trasladado de urxencia en ambulancia ata o Hospital Montecelo. 

O menor de idade permanece ingresado na UCI con prognóstico reservado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade