Repsol e traballadores das auxiliares achegan posturas para retomar a actividade na refinería
Os traballadores protagonizaron esta mañá unha marcha de protesta ata a Delegación do Goberno
Os traballadores queren saber que aconteceu na planta de Meicende
Traballadores das empresas auxiliares da refinería de Repsol na Coruña participaron nunha manifestación que partiu do complexo e rematou ás portas da Delegación do Goberno.
De momento, mantense o paro á espera de que a asemblea de traballadores dea o visto e prace esta tarde aos acordos conseguidos nas negociacións desta madrugada entre a empresa e os representantes sindicais.
Acceso completo á a investigación e instalación dun novo punto de atención sanitaria. Uns acordos que deberán ser ratificados polos traballadores en asemblea para poder retomar a actividade na planta.
Ismael Bocigas, representante sindical dunha das empresas auxiliares, di que acordaron que haberá unha ambulancia medicalizada, con servizo médico 24 horas con ATS e un punto de primeira atención. Entendemos que é o básico e máis importante e entendemos que con este compromiso de Repsol debería desbloquearse esta situación, á espera do que se decida na votación da asemblea.
A empresa tamén reforzará as medidas de seguridade duplicando os detectores de gas e os equipos de respiración autónomos a disposición das auxiliares.