Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe defende os cambios de horario do Avant pola chegada do AVE e di que haberá máis frecuencias

Renfe defende os cambios de horario do Avant pola chegada do AVE e di que haberá máis frecuencias

Renfe achaca o cambio de horarios de Avant coa chegada do AVE a "aproveitamento de servizos"

G24.gal 10/12/2021 08:13

Renfe achaca o cambio de horarios de Avant coa chegada do AVE a "aproveitamento de servizos" e destaca que "non só recuperará a totalidade dos seus trens Avant entre A Coruña-Santiago de Compostela e Ourense a partir do próximo 21 de decembro", data de inicio das viaxes comerciais do AVE entre Galicia e Madrid, "senón que os incrementará en 19 servizos semanais".

Isto supón que os servizos entre as tres cidades serán a partir de agora, segundo informa a operadora ferroviaria, 103 á semana, fronte aos 84 que se realizaban antes da pandemia.

Os horarios dalgúns trens serán "distintos", segundo recoñece, "froito dunha reconfiguración horaria para o aproveitamento de servizos e que sirvan de ligazón para os viaxeiros que continúen viaxe nos trens AVE".

Prezo dos billetes e duración dos traxectos

Na actualidade o prezo do billete sinxelo é de 17,70 euros entre Santiago de Compostela e Ourense, de 7,60 euros entre A Coruña e Santiago de Compostela e de 25,30 euros entre A Coruña e Ourense.

En canto aos tempos entre as tres cidades galegas, é posible desprazarse entre Santiago de Compostela e Ourense en 34 minutos, entre Santiago de Compostela e A Coruña en 28 minutos e entre A Coruña e Ourense nunha hora e catro minutos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade