A folga deste luns en Renfe aféctalles en Galicia a unha vintena de frecuencias
En Galicia afectará a un total de 42 servizos ferroviarios
A Confederación Xeral do Traballo mantén esa convocatoria de folga para este luns sete de novembro e tamén para o venres día once.
Para a xornada do luns, Renfe ten bloqueada a venda dun total de 42 servizos ferroviarios que en Galicia afectarán a oito circulacións que saen da Coruña e Vigo, incluíndo un tren con destino Madrid que partirá desde a estación de Vigo-Urzáiz ás 5:50 da mañá.
A iso hai que sumar afectacións noutros servizos ferroviarios dende Ourense, Santiago e Monforte. Os bloqueos tamén estarían nos catro servizos internacionais que unen Vigo co Porto.
O Ministerio de Transportes e Mobilidade determinou os servizos mínimos de carácter obrigatorio que xa se poden consultar na páxina de Renfe.