Publicador de contidos

Publicador de contidos

A pandemia e o desabastecemento marcan as compras do "venres negro"

A pandemia e o desabastecemento marcan as compras do "venres negro"

Para o pequeno e mediano comercio "é un gasto inasumible"

G24.gal 28/11/2021 21:25

Remata unha semana de compras, de colas e de descontos de ata o 50 % no mediano e no pequeno comercio. 

A pandemia e o desabastecemento marcou o ritmo das vendas. Para o pequeno e mediano comercio é un gasto inasumible. Falamos con María Domínguez.

"Este ano foi frouxo porque con isto da pandemia os comerciantes estamos empezando a remontar agora. Eu hai marcas nas que non fago desconto e noutras aplico o 10 ou 20 %, máis xa non se pode facer".

Fala unha comerciante que esta semana cumpre un ano aberta na rúa do Príncipe. Asegura que non está sendo fácil. Con todo, o consumo nesta semana de descontos podería aumentar un 20 % máis ca o ano pasado. 

Os comerciantes temen que esta semana supoña un desgaste de cara ao nadal. De feito, moitos aproveitan estas datas para mercar os agasallos.

Adeus a unha semana de compras e iniciamos a conta atrás para dar a benvida a unha das épocas do ano máis importantes para os comerciantes. A partir de agora abrirán todas as fins de semana ata mediados de febreiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar