Publicador de contidos

Publicador de contidos

A nécora galega estará en veda desde o día de Reis ata o 1 de xullo

A nécora galega estará en veda desde o día de Reis ata o 1 de xullo

A deste ano foi unha campaña marcada pola escaseza

A nécora escaseou en 2021
G24.gal 04/01/2022 20:11

Na praza de abastos de Santiago vendíanse pola mañá as últimas nécoras da campaña de 2021, que remata por Reis igual que empezou en xullo; con bastante escaseza. Un praceiro di que haberá nécora galega no mercado ata o sábado.

Péscase nécora en toda Galicia, a maioría coa arte da nasa, e en toda Galicia escaseu. Segundo datos provisionais de pesca de Galicia comercializáronase algo máis de 110.000 quilos, cunha facturación de máis de dous millóns de euros e o prezo medio máis alto desde 2001, por riba de 18 euros.

E é que foi cara durante os seis meses. As poxas varían dunhas lonxas a outras, como tamén varían as calidades dunhas nécoras a outras.

As que máis venderon foron Vigo, A Coruña e Ribeira pero as que venderon máis caro foron Vilanova, O Grove, ou Cangas cun prezo medio no conxunto da temporada de case 30 euros, 40 en decembro.

Na praza tamén oscilan moito segundo os días. O mesmo praceiro di que en Nadal a nécora ía a 70 euros e agora vai a 35. Durante a veda, que vai ata xullo, poderemos seguir dispoñendo de nécoras nos mercados pero, se son legais, non serán galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade