Publicador de contidos

Relato do acoso escolar: "Vas collendo máis medo, non queres saír"

Relato do acoso escolar: "Vas collendo máis medo, non queres saír"

Un de cada cinco nenos escolarizados en España sofre acoso e só o 15 % pide axuda

Jessica, vítima do acoso escolar
G24.gal 04/11/2021 16:47

Este xoves, como cada primeiro xoves de novembro, celébrase o Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar. Con el, búscase acabar cun tipo de violencia, que sofren nenos e adolescentes de todo o mundo e que provoca terribles secuelas psicolóxicas.

Historias como a de Jessi. A súa empezou con insultos e empurróns leves cando estaba no instituto pero ela non llo contou a ninguén por medo ao que pasaría se o facía. E o acoso foi a máis cada vez, xa non só na escola, tamén fóra. "Vendo as situacións vas collendo máis medo, non querendo saír fóra, encerrarte no cuarto, a ter pesadelos, que eu a día de hoxe aínda teño", relata.

Jessi non falou ata que se produciu a primeira agresión, no bus escolar diante de numerosas testemuñas. Gañou o xuízo pero o acosador incumpre a orde de afastamento de 300 metros e continúa amolándoa. "Segue pasando por diante da porta da miña casa, estando Jessica alí", conta a súa nai. "Insúltaa, moitas veces aparécelle onte está. É seguir loitando".

En España un de cada cinco nenos escolarizados sofre acoso e só un 15 % se atreve a contalo. Para eles Jessi ten un só consello: "Que non calen, que o van seguir pasando mal e incluso chegar ao suicidio, que é o que está pasando en moitos casos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade