Publicador de contidos

Publicador de contidos

Regresa a Feira do Cocido de Lalín como Festa de Interese Turístico Internacional

Regresa a Feira do Cocido de Lalín como Festa de Interese Turístico Internacional

Novos comendadores do cocido: Esther Estévez da TVG, Luz Casal, Xosé Blanco, Roberto Tojeiro, Carmen Lence e M. Álvarez

G24.gal 24/04/2022 15:04

Difícil atopar unha mesa libre nos restaurantes de Lalín. A localidade celebra a súa Festa do Cocido, un pouco descolocada este ano no calendario.

A cita chega este ano cunhas semanas de atraso por mor da covid, pero conserva a esencia de anos anteriores e Lalín vive un dos seus días grandes. E agora, no xantar, é o momento culminante, é a hora de degustar o afamado cocido.

Pero houbo tamén desfile e houbo pregón. O pregoeiro foi o presidente da Xunta, que mesturou referencias gastronómicas con mensaxes políticas. Di que lle gustan, na cociña e na política, as receitas pausadas e a lume lento.

E falou tamén da importancia de estar ben situado, na mesa, independentemente de quen estea sentado a esquerda e dereita. El prefire situarse no centro.

Entre os novos comendadores, a nosa compañeira, a xornalista da CRTVG e presentadora do Dígocho Eu, Esther Estévez.
 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos