Cargando resultados...
Récord de exportacións de produtos do mar, con 2.700 millóns de euros
A presenza en terceiros países é unha das prioridades do sector para os próximos anos
G24.gal
21/04/2023 14:39
Consolidar as vendas en terceiros países é unha das prioridades da cadea mar industria galega. O ano pasado as exportacións aumentaron un 12 %. A subministración de materia prima nos últimos tres anos sufriu unha crise e o sector está preocupado pola última revisión ao veto á pesca de fondo.
Tamén afrontan o desafío de recuperar o consumo de produtos do mar, que baixou nos últimos anos. Con todo, o ano pasado superaron os 2.700 millóns de euros en exportacións.
O sector compartiu inquedanzas e novidades no Galicia Market Place, no que volveron reclamar a baixada do IVE para os produtos do mar.