Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezou a MS2 Cup, o torneo organizado por Míchel Salgado con 4.500 xogadores

Comezou a MS2 Cup, o torneo organizado por Míchel Salgado con 4.500 xogadores

Os encontros dispútanse na Madroa durante dúas fins de semana

G24.gal 30/05/2026 16:13

Atenden aos seus adestradores sen pestanexar porque saben que esta fase de aprendizaxe é fundamental para desenvolver logo as súas carreiras deportivas e persoais. Grandes e pequenos pelexan por un posto no podio, pero os favoritos case sempre son os mesmos.

Na Madroa, os máis modestos comparten céspede cos clubes máis senlleiros de aquí e dacolá.

Un deses sorrisos é o de Eloy, capitán do Arosa. O seu equipo derrotou a un dos favoritos e máximos goleadores ata o momento como é o Porto. Foi duro, un a cero, pero pagou a pena.

Celta e Depor levan o foco entre os representantes galegos.

Esta última fin de semana de maio e a primeira de xuño alevíns, infantís, cadetes das mellores canteiras nacionais e internacionais compiten nas instalacións da Madroa por esta sétima edición da MS2 CUP.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos