Recoñecen a un coruñés o dereito a recibir o plus de maternidade
O Supremo confirma a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que xa dera a razón ao pensionista

O Tribunal Supremo recoñece o dereito a percibir o plus de maternidade na pensión dun coruñés, ao mesmo tempo que percibe ese complemento a nai dos seus fillos.
Unha sentenza do pasado 17 de maio da sala do social do Tribunal Supremo, á que tivo acceso EFE, confirma integramente a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que xa dera a razón ao pensionista.
O caso naceu no Xulgado do Social número 6 da Coruña, onde este xubilado desde 2016 reclamou un complemento dun 10 % por maternidade.
A Xustiza entende que a Seguridade Social vulnerou os seus dereitos fundamentais, en concreto o de igualdade, ao non recoñecer este plus.
Agora, o ditame do Tribunal Supremo establece que este home ten este dereito, mesmo mentres xa percibe o complemento a nai dos seus fillos.
Trátase dun ditame que unifica doutrina e está vinculado a unha norma vixente entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 3 de febreiro de 2021.
A sentenza establece que este complemento non constitúe unha medida eficaz para reducir a fenda de xénero, polo que ve lóxico que o perciban ambos os proxenitores.