Un peregrino de Chiclayo di que o papa León XIV é un home "moi apegado á xente necesitada"
O peregrino de Chiclayo que este domingo chegou a Compostela di que o novo papa "é un home simple" que "axudou moito durante a pandemia da covid"
Este domingo entre os centos de peregrinos que chegan a Santiago atopamos na praza do Obradoiro un peregirno peruano que vive e naceu en Chiclayo. Unha persoa que non podía estar máis contento co papa León XIV.
Segundo lle contou a Televisión de Galicia foi unha sorpresa para os peruanos e para a xente de Chiclayo que fixeran papa a Robert Francis Prevost, que fora moitos anos arcebispo de Chiclayo.
Foi unha sorpresa para nós, os peruanos, e que xusto sexa da cidade onde eu nacín e de onde viven meus pais.
Moi simple, moi pegado á xente necesitada, axudou moito na covid, á cidade, fixo moitas obras. É moi recoñecido en Chiclayo, dixo o peregrino do papa León XIV.