Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os bispos galegos celebran a elección de León XIV

Os bispos galegos celebran a elección de León XIV

Valoran o seu pasado como misioneiro e como bispo dunha diocese pequena no Perú

Para os bispos galegos os primeiros xestos de León XIV foron definitorios
G24.gal 09/05/2025 20:07 Última actualización 09/05/2025 20:22

O camiño empeza agora, pero para os bispos galegos os primeiros xestos de León XIV foron definitorios.

"Os bispos temos unha percepción da Igrexa moi unida ao pobo, á nosa diocese. E sentir que ese nexo é importante para el di moito", dixo monseñor Alfonso Carrasco Rouco, bispo de Lugo.

Non pasa inadvertido o feito de que o papa teña dobre nacionalidade, norteamericana, onde naceu, e peruana, onde desenvolveu o seu labor pastoral durante corenta anos. Dúas realidades dispares, no continente con maior número de católicos do mundo.

 "O concepto que tiña do cardeal Prevost é o dun home próximo e bo. Pasou moitos anos de misioneiro e coñece as dúas realidades de América", di monseñor Leonardo Lemos Montanet, bispo de Ourense.

Sobre a liña que seguirá León XIV tamén deu pistas.

"Polas palabras que dixo onte parece que vai ser continuísta. Tamén hai que ter en conta que o cardeal Prevost era un colaborador do papa Francisco, así que é posible que siga o seu legado, pero á súa maneira", dixo monseñor Antonio Valín, bispo de Tui, Vigo.

No horizonte, a esperanza de que León XIV siga os pasos doutros papas e visite Galicia durante o seu pontificado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade