Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carral celebra a XXI Festa do Pan despachando uns 5.000 quilos na fin de semana

Carral celebra a XXI Festa do Pan despachando uns 5.000 quilos na fin de semana

Ademais de degustacións, a cita inclúe música, obradoiros e un mercado de artesanía

G24.gal 11/05/2025 14:41

En Carral elevan o seu pan á categoría de obra de arte. Arredor duns cinco mil quilos calculan que han despachar esta fin de semana na festa do produto máis recoñecido da localidade, elaborado ao xeito tradicional coas mellores materias primas.

É un pan lixeiro e esponxoso, respectuosos cos tempos dos procesos. A man experta dos panadeiros fai o resto.

"Somos netos, bisnetos e tataranetos de panadeiros. Aquí a tradición é ancestral. Hai familias que teñen máis de douscentos anos de tradición de panadería", explica Manuel Rodríguez, que preside a Asociación de Panadeiros de Carral.

Para procurar a remuda nos fornos programáronse obradoiros para os máis pequenos, que puideron amasar e darlle forma ao seu bolo de pan, antes da cocción e da degustación. A festa chegou este ano á súa vixésimo primeira edición co pan como protagonista e con moitas máis propostas: música, talleres e un mercado de artesanía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade