Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Federación de Comercios Coruñesa entra en concurso de acredores e está investigada por presunta fraude

A Federación de Comercios Coruñesa entra en concurso de acredores e está investigada por presunta fraude

A Fiscalía analiza se existiu delito na xestión de subvencións autonómicas

A Xunta detectou irregularidades no pagamento de facturas e esixiu a devolución das axudas

G24.gal 02/05/2025 19:36

A Federación Unión de Comercios Coruñesa (FUCC) presentou concurso de acredores tras recibir unha sanción da Xunta por unha “práctica administrativamente incorrecta”, segundo explicou o seu presidente, José Luis Boado.

A Fiscalía Provincial da Coruña investiga se a entidade cometeu un delito de fraude de subvencións.

A investigación comezou despois de que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración detectase supostos erros na xestión das axudas públicas que recibiu a federación.

Un erro técnico, segundo a entidade

Boado explicou que a Xunta revisou a contabilidade dos últimos cinco anos e que a FUCC entregou toda a documentación. Segundo asegura, o único problema foi “un erro técnico-administrativo” relacionado cun desconto comercial por volume de contratación que non se comunicou de forma oficial.

Insiste en que non houbo enriquecemento persoal nin uso indebido dos fondos, e que todo o diñeiro recibido, tanto público como privado, se destinou ás actividades comerciais e ao funcionamento da entidade.

“Está xustificado ata o último céntimo”, asegurou.

Reclamación das axudas e intervención da Fiscalía

A Consellería de Emprego confirmou que, tras detectar estas irregularidades, reclamou a devolución das axudas e dos xuros correspondentes. Tamén abriu un procedemento sancionador, aínda que quedou en suspenso ao remitir o caso á Fiscalía.

Diante da imposibilidade de asumir os pagamentos esixidos, a FUCC optou por solicitar o concurso de acredores como “a solución legal e ordinaria” para garantir que a situación se xestione sen prexuízos para os socios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade