Consumo abre unha investigación polas altas subidas de prezos dalgúns VTC no apagamento
Está prohibido que suban os prezos por un aumento de demanda nun contexto de "urxencia, risco ou necesidade" da persoa consumidora
A norma establece sancións de ata 100.000 euros ou ata seis veces o beneficio ilícito obtido polas empresas

O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 abriu un expediente informativo para investigar as "potenciais" subidas de prezos dalgúnss VTC que foron denunciadas polos usuarios naquelas comunidades autónomas que declararon a emerxencia nacional ou outro tipo de emerxencia de protección civil polo apagamento eléctrico.
Así o informaron a EFE fontes do Ministerio, que advertiron de que esta práctica está prohibida pola actual normativa. A prohibición foi introducida a finais de 2024, cando o Goberno aprobou tras a dina unha reforma da lei en defensa dos consumidores e usuarios.
En concreto prohibiuse que as empresas que usan prezos dinámicos personalizados, como as aplicacións de servizos de vehículos VTC, tipo Uber ou Cabify, non poidan subir os prezos por un aumento de demanda nun contexto de "urxencia, risco ou necesidade" da persoa consumidora.
A partir desta modificación da lei dos consumidores, na normativa establécese que estes contextos de urxencia, risco ou necesidade danse naquelas situacións que poidan ser cualificadas como emerxencia de protección civil.
Por iso, naquelas comunidades onde se decretou a emerxencia de interese nacional, ou outro tipo de emerxencia de protección civil tras o apagamento, aumentar estes prezos dinámicos personalizados supoñería unha infracción grave da normativa de consumo mentres se manteña activa esa declaración de emerxencia.
A norma establece sancións de ata 100.000 euros ou ata seis veces o beneficio ilícito obtido polas empresas que se aproveitaron destas situacións.
Cabify deféndese
Cabify defendeu que actuou "con responsabilidade e estrito cumprimento da normativa" durante o apagamento eléctrico sufrido o pasado luns, en resposta ao expediente informativo.
A compañía defende que decidiu suspender os prezos de alta demanda desde o primeiro momento en que foi consciente do que estaba a pasar e da gravidade do apagamento, remarcando que o fixo a pesar da "ausencia de informacións oficiais por parte do Goberno de España".
Esa suspensión dos prezos de alta demanda significa que as tarifas aplicables ás viaxes eran as estándar, sen ter en conta a alta demanda, xa que o mantemento desa opción aumentaría os prezos.
Por mor das distintas informacións aparecidas nas últimas horas, e que Cabify cre que están a xerar confusión entre a cidadanía, a compañía española ha lanzando un comunicado no que asegura que se pon ao dispor das administracións nacionais, rexionais e locais que o requiran para demostrar "que actuou con responsabilidade e estrito cumprimento da normativa".