Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizan o corpo sen vida dunha muller desaparecida este domingo en Ribadeo

Localizan o corpo sen vida dunha muller desaparecida este domingo en Ribadeo

O helicóptero Pesca 2, mobilizado por Salvamento Marítimo, rescatou o cadáver preto do faro da Illa Pancha

O helicóptero O helicóptero "Pesca 2" nunha imaxe de arquivo. FOTO: Salvamento Marítimo
G24.gal 11/05/2025 17:57 Última actualización 11/05/2025 18:22

Axentes da Policía Local localizaron o corpo sen vida dunha muller desaparecida desde a mañá deste domingo no municipio lucense de Ribadeo.

O 112 Galicia tivo constancia da súa desaparición sobre as 12:30 horas.

No operativo de procura participaron a Garda Civil, a Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

O cadáver foi localizado preto do faro da Illa Pancha. O helicóptero Pesca 2, mobilizado por Salvamento Marítimo, encargouse do rescate.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade