Publicador de contidos

Publicador de contidos

As campioas de España de barco dragón soñan con participar no campionato galego

As campioas de España de barco dragón soñan con participar no campionato galego

Despois de conseguir o ouro agora necesitan apoio económico para comprar un barco de 12 tripulantes 

G24.gal 11/05/2025 13:53 Última actualización 11/05/2025 15:02

As campioas de España de piragüísmo da disciplina barco dragón son de Lugo. Trátase dun equipo formado por doce mulleres que acaban de conseguir a medalla de ouro no quinto campionato estatal que se celebrou en abril en Sevilla, na modalidade PD3, unha modalidade que está formada por persoas con algún tipo de doenza, neste caso cancro de mama.

Mañá de domingo, chova ou non, estas mulleres vanse adestrar. Hoxe ademais, hai xornada de portas abertas, e estas campioas teñen moito que compartir, porque acaban de conseguir a medalla de ouro cunha regata de doce minutos e quince segundos que lles deu a vitoria absoluta na categoría Open PD3 2000 metros a un equipo formado por doce veteranas que se adestran semanalmente seis horas.

Cando empezaron co barco dragón nin se coñecían entre elas nin sabían nada deste deporte. Pero agora están enganchadísimas, tanto ao deporte como á amizade que comparten.

O seu soño agora é participar no campionato galego. E para poder facelo necesitan un barco de doce tripulantes. Non o teñen porque non hai cartos. Por iso apelan a calquera Administración, empresa ou particular que as poida apoiar economicamente para poder compralo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade