Publicador de contidos

Publicador de contidos

Outras tres medallas galegas na xornada final dos campionatos de Europa de piragüismo

Outras tres medallas galegas na xornada final dos campionatos de Europa de piragüismo

Adrián Sieiro foi prata en C2 500, a súa segunda medalla tras o ouro de onte

Carlos Arévalo acadou o bronce en k1 200, e Adrián Mosquera en VL3 200

Foto: @RFEPiraguismo Foto: @RFEPiraguismo
G24.gal 22/06/2025 12:37

Este domingo rematan os campionatos de Europa de piragüismo de Racice, na República Checa que, a falta das finais de 5.000 nas que vai padexar Jaime Duro deixou unha bagaxe de 5 medallas para os padexeiros galegos. O sábado chegaban os ouros de Pablo Graña en C1 200, e de Adrián Sieiro, este con récord do mundo no C4 500 mixto, acompañado de Angels Moreno, María Corbera e Daniel Grijalba. Esta xornada de sábado aportaba un total de oito medallas á delegación española.

O domingo comezaba para os galegos cos metais de Carlos Arévalo e Adrián Mosquera. O betanceiro desquitouse da decepción do K-4 o día anterior, e acadou o bronce en K1 200; Mosquera foi o terceiro, e tamén bronce, na final de VL3 200. Ademais, ían chegando tamén os metais para María Corbera, bronce en C1 500, Higinio Rivero, bronce en VL2 200, Inés Felipe, prata en VL2 200, e María Jiménez, bronce en KL3 200.

O primeiro ouro desta xornada final acadárono Viktoria Yarchevska e Ángels Moreno. Gañaron a final de C2 500, a primeira vez que unha parella española acada este título.

E na distancia de 500 a última fnal con presenza galega foi a do C2 masculino, no que Adrián Sieiro acadou a medalla de prata xunto a Daniel Grijalba. A outra das finais con presenza galega na mañá rematou cun 5º posto de Araceli Menduíña en KL3.

As últimas probas dos campionatos, as de 5000 metros, comezaron cunha nova medalla, a prata de María Corbera en C1. O galego Jaime Duro non tivo sorte, e rematou de cuarto no C1.

España ocupa o segundo posto no medalleiro despois de Hungría cun total de 12 medallas (4 ouros, 4 pratas e 4 bronces). A estes metais hai que sumarlles unha prata e catro bronces de paracanoe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade