Cargando resultados...
Starfelt estará entre 3 e 4 semanas de baixa
O central do Celta sofre unha rotura de grao I no bíceps femoral da súa perna esquerda
G24.gal
19/08/2025 13:19
Última actualización 19/08/2025 13:26
Carl Starfelt sofre unha rotura de grao I no bíceps femoral da súa perna esquerda, segundo revela a resonancia magnética que se lle realizou este luns no Hospital Ribeira Povisa.
Estímase que o xogador, que se lesionou durante unha sesión preparatoria na Cidade Deportiva Afouteza, permaneza entre 3 e 4 semanas de baixa.
Perde a viaxe a Mallorca e os partidos co Betis, no medio da próxima semana, e co Vilarreal antes da parada polos compromisos de seleccións