Publicador de contidos

Publicador de contidos

Uzal: "Queriamos continuidade dalgúns xogadores, pero tomaron outras decisións"

Uzal: "Queriamos continuidade dalgúns xogadores, pero tomaron outras decisións"

Para o director deportivo do Leyma, os favoritos son "Estudiantes, Palencia, nós, e Obradoiro... sobre todo"

G24.gal 19/08/2025 12:12 Última actualización 19/08/2025 12:20

Charlie Uzal, director deportivo do Leyma, ofreceu a primeira conferencia de prensa do club tras o comezo da pretemporada do Básquet Coruña, onde confirmou que se xogarán seis ou sete partidos (dependendo se se clasifican para a final da Copa Galicia). Referiuse á confección do equipo.

"Queriamos continuidade dalgúns xogadores, non de todos, pero por algún motivo ou por outro, decidiron tomar outras decisións. (Beqa, Aleix e Olle)".

Uzal tamén falou dos seus favoritos para o ascenso

"A xente fala por nivel orzamentario de equipos como Estudiantes, Palencia, nós, Obradoiro... sobre todo".

 "E hai equipos dos que non se fala cos que hai que ter coidado".

A intención do Leyma é xogar os seus partidos os venres ás 20:45.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar