Publicador de contidos

Publicador de contidos

O colexio de hixienistas de Galicia non se esquece dos damnificados pola DINA

O colexio de hixienistas de Galicia non se esquece dos damnificados pola DINA

Seis meses despois da DANA, repartiron nunha pequena vila de Valencia uns mil cepillos dentais

Ademais de repartiren cepillos dentais, ofreceron tamén asesoramento como hixienistas, fixeron pequenas revisións e escoitaron moitas das conmovedoras experiencias dos afectados

G24.gal 11/05/2025 14:53

Visitamos a clínica dental en Pontevedra do impulsor desta campaña solidaria cos damnificados pola DINA en Valencia para que nos conte esa experiencia.

Tras unha enquisa entre os membros do colexio de hixienistas de Galicia decidiron colaborar levando material, en concreto, mil cepillos dentais que fabrica unha empresa de Cantabria.

Decidiron entregalos nunha das poboacións valencianas máis afectadas e tamén das máis pequenas: Llocnou de la Corona, con tan só 123 habitantes. Desde Galicia viaxaron ata alí a fin de semana pasada, seis meses despois da DINA, e o recibimento foi para eles conmovedor. 

"Foi chegar alí, os veciños, é todo alucinante. Moi agradecidos de recibir algo seis meses despois, ter algo, que alguén lles dea algo directamente, porque en moitos casos non teñen as subvencións que lles prometeron. A situación non está tan ben como se pode pintar, houbo agradecemento e bágoas", destaca Francisco Pardo, secretario do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia.

Ademais de repartiren cepillos dentais, ofreceron tamén asesoramento como hixienistas, fixeron pequenas revisións e escoitaron moitas das conmovedoras experiencias dos damnificados pola DINA. 

"O labor que quería facer o Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia de estar presentes con eles, que nos contaran as súas vivencias. Quedo coas mostras de cariño, de dicir 'moitas grazas por estar aquí'", engadiu.

Alí comprobaron que aínda queda moito por facer e por reconstruír nas zonas afectadas. Desde o Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia din que foi un pequeno xesto... pero que para moitos dos damnificados serviu para comprobar que seis meses despois moita xente e moitos colectivos non se esquecen deles.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar