Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recomendacións para combater a calor intensa, que seguirá en Galicia durante varios días

Recomendacións para combater a calor intensa, que seguirá en Galicia durante varios días

No caso de sufrir esgotamento ou un golpe de calor, recoméndase solicitar axuda médica urxente chamando ao 061

G24.gal 03/07/2026 10:21

Nunha entrevista no Bos Días da Televisión de Galicia, o médico Sergio Cinza detallou as principais recomendacións para afrontar sen riscos para a saúde estas xornadas de intensa calor que vai rexistrar Galicia.

Uns consellos especialmente importantes para os grupos máis vulnerables: maiores de 65 anos, nenos e bebés, persoas que padezan enfermidades cardiovasculares, respiratorias ou mentais e aqueles que traballan no exterior.

Para evitar incidencias, as autoridades insisten nunha serie de consellos:

-Beber sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos.

-Evitar bebidas quentes, alcohólicas, café, té ou cola e as moi azucradas.

-Evitar as comidas copiosas e aumentar o consumo de ensaladas, verduras e froitas.

-Usar roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada, de cores claras, chapeu, lentes de sol e cremas protectoras solares, así como calzado fresco, cómodo e transpirable.

-Permanecer en espazos frescos e ventilados e estar á sombra na medida do posible.

-Evitar as actividades ao aire libre nas horas de máis calor e reducir a actividade física.

-Vixiar que non queden nenos nin anciáns no interior do coche cos portelos pechados cando estacionemos o vehículo.

E, por suposto, no caso de sufrir esgotamento ou un golpe de calor, recoméndase solicitar axuda médica urxente chamando ao 061.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade