A vaga de calor roza Galicia con avisos amarelos en zonas de Ourense
Valdeorras e a comarca do Miño poderán superar os 36 grados entre este martes e o mércores
Cámara web da CSAG de Ourense
A terceira vaga de calor do verán apenas rozará Galicia, pero deixará un lixeiro ascenso das temperaturas e avsios amarelos por calor en Valdeorras e na comarca do Miño, en Ourense, onde se agardan máximas de 36 graos ou máis entre as 15:00 e as 21:00 horas deste martes e tamén do mércores.
No resto do país tamén subirán as temperaturas, aínda que sen alcanzaren os valores extremos rexistrados a finais de xuño e comezos de xullo. Ourense chegará aos 36 graos este martes, seguida de Santaigo, con 30, mentres que o resto das cidades galegas quedarán por baixo desa cifra.
A Xunta tamén activa a alerta amarela en Valdeorras e recomenda evitar unha exposición prolongada ao sol, manter unha boa hidratación e utilizar protección solar. O mércores continuará o ambiente caloroso, con máximas de ata 37 graos na cidade de Ourense.
Mentres no resto de España a vaga de calor deixará temperaturas de ata 45 graos en Murcia e afectará especialmente ao leste e ao sur peninsular.