Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alerta vermella por episodio de calor en 16 concellos do interior de Pontevedra

Alerta vermella por episodio de calor en 16 concellos do interior de Pontevedra

A vaga de calor comeza este sábado e vai manterse durante os primeiros días da semana próxima

G24.gal 15/08/2026 16:37

​​​​​​A zona isoclimática do interior de Pontevedra en que a Xunta decretou a alerta vermella abrangue dezaseis concellos, dende Agolada, sitaudo máis ao norte, ata A Caniza, no borde sur.

Un episodio de calor que comeza este sábado e vai manterse durante os primeiros días da semana próxima, con valores que acadarán os 37 graos en boa parte do centro e sur da provincia.

As recomendacións básicas pasan por non facer deporte e actividade entre a unha e as cinco da tarde. Hai que hidratarse de xeito continuado e non expoñerse ao sol.

"Imos comezar o día aquí comendo e refrescándonos na auga, cremiña protectora, sombreiro e a pasalo ben"

"O mellor é a sombriña para refrescarse e está o río para refrescarse. Aos nenos gústales vir ao río coa barca, cos amigos"

A calor afecta tamén outras zonas de Pontevedra como as Rías Baixas, Vigo acadará hoxe por exemplo os 34 graos, e tamén case toda a provinicia de Ourense, dende a bacía do Miño, ata Valdeorras e a montaña oriental. Aínda que aí o nivel de alerta é por agora de cor laranxa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade