Recollen sinaturas en Ourense para pedir unha rampla na rúa Pérez Serantes
As obras de humanización da contorna da praza das Mercedes contemplan unha escaleira mecánica
Os veciños denuncian que non son accesibles para cadeiras de rodas, carros de bebés e persoas con mobilidade reducida
As obras da praza das Mercedes en Ourense inda non remataron pero xa xeran dúbidas entre a veciñanza pola súa accesibilidade. Estas inclúen unha nova escaleira mecánica na cidade pero non unha rampla, polo que a rúa Perez Serantes queda intransitable para cadeira de rodas, persoas maiores ou carros de bebés.
É por este motivo que un grupo de veciños agrupáronse e recolleron máis de 400 sinaturas para denunciar que as obras estanse a executar sen ter en conta as necesidades de accesibilidade universais.
As obras de humanización da zona das Mercedes, inclúen dita escaleira mecánica e unha rampla, pero que non chega ata o treito final de subida da rúa Pérez Serantes, moi concorrido e que só conta con escaleiras, polo que a única opción para esquivalas é ou dar un gran rodeo ou compartir este treito cos coches.
Polo momento, os afectados non recibiron respostas do Concello de Ourense, pero seguirán demandando o que é xusto, espazos públicos accesibles para todos.