Cargando resultados...
Reclaman o paso do bus urbano por unha rúa viguesa en que residen moitos maiores
A zona ten unha pendente pronunciada, tráfico abundante e non conta con beirarrúas
G24.gal
07/11/2022 13:43
Cada día teñen que percorrer a rúa onde viven na parroquia viguesa de Cabral para poder facer os seus recados cotiáns. Unha tarefa cada vez máis complicada para os maiores.
Viven nunha rúa con moita pendente, abundante tráfico e sen beirarrúas. Reclaman que o transporte público pase por alí por seguridade e para garantir a mobilidade dos veciños máis dependentes.
Os veciños xa solicitaron o servizo de transporte ao Concello pero polo de agora seguen sen resposta.