Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reclaman a instalación de fibra óptica en varias parroquias de Cervantes

Reclaman a instalación de fibra óptica en varias parroquias de Cervantes

O servizo actual, de cable de cobre, resulta insuficiente e dá fallos continuos

Félix Aragunde 12/09/2022 14:02

Os veciños das parroquias de Vilasante, O Mosteiro e Cancelada, en Cervantes, quéixanse dos problemas que teñen para conectarse a Internet. Necesitan este servizo tanto nos seus negocios como para traballar nos seus fogares, pero aseguran que a tecnoloxía de que dispoñen, ADSL, falla de forma continua, ao igual que os datos por móbil.

Para solucionar os problemas de conectividade, os afectados demandan que se instale fibra óptica. Para iso, sería preciso prolongar ata tres quiómetros o cable que chega á zona. Os residentes nas parroquias afectadas levan xa dous anos reclamando a instalación desta infraestrutura. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade