Publicador de contidos

Reactívanse as viaxes do Imserso cunha oferta de 816.000 prazas

Reactívanse as viaxes do Imserso cunha oferta de 816.000 prazas

A metade das prazas son para destinos mediterráneos con estadías de dez e oito días

G24.gal 02/11/2021 22:03

Reactívanse por fin as viaxes do Imserso. Os maiores de 60 anos recibirán nun prazo de 20 días toda a información necesaria sobre as viaxes, pagamentos e reservas. Unha ledicia para os usuarios e un respiro para o sector turístico, tan castigado durante a pandemia.

Este ano fixéronse agardar pola pandemia. O Imserso decidiu hoxe mesmo as adxudicacións ás empresas tras revisar o cumprimento dos requisitos.

A oferta é de 816.000 prazas. A metade delas son para destinos mediterráneos con estadías de dez e oito días en Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunitat Valenciana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade