Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reabre o marisqueo en Noia despois do último episodio de marea vermella

Reabre o marisqueo en Noia despois do último episodio de marea vermella

A toxina remitiu, pero "hai pouco marisco e a prezos baixos"

Agardan que as cotizacións suban cara ao Nadal 

G24.gal 25/11/2025 14:24

Mañá de actividade intensa nos bancos marisqueiros de Noia. Superada a parada da marea vermella toca volver ás praias desde a terra e desde o mar. Poden volver traballar, pero custa encher os raños. Este ano houbo moita cría de marisco, pero non logrou medrar o suficiente como para acadar o tamaño legal de venda.

Na lonxa, a ameixa comezou a repuntar prezos pola proximidade do Nadal. Pero a cotización do berberecho segue moito máis baixa do que lles gustaría.  O sector agarda que os prezos vaian subindo nas próximas semanas e que non se produzan novas paradas na actividade por culpa da toxina. Aquí en Noia xa levan dous desde que comezou a campaña o pasado mes de outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos