Raúl López e Álex Suarez analizan a derrota en Fuenlabrada
Presidente e xogador obradoirista destacan ter a última xogada para gañar no Fernando Martín
Tras unha moi mala primeira parte, o Obradoiro foi quen de regresar ao partido e incluso poder loitar por levar o triunfo ante o Fuenlabrada, un rival directo na loita pola permanencia. No pavillón madrileño estivo a Radio Galega e conversou cos protagonistas. Por unha banda o presidente Raúl López quixo destacar a remontada do equipo nos dous últimos cuartos.
"Isto é baloncesto. A conclusión é que competimos. Parecía imposible pero tivemos a xogada para gañar o partido e hai que estar orgulloso dos xogadores. Veño de estar con eles e felicitalos polo traballo feito na pista"
Pola súa banda Álex Suárez conversou con Alfonso Pardo sobre o partido.
"O menos importante é o meu. Quédome con que loitamos ata o final nunha cancha difícil e se seguimos así chegarán os triunfos. Saíron moi agresivos e ata que non nos acostumamos, costounos. Tivemos opcións ata o final"