Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ratifican os catro anos de cárcere para o condutor que causou a morte dun matrimonio na Coruña

Ratifican os catro anos de cárcere para o condutor que causou a morte dun matrimonio na Coruña

O tribunal considerouno autor de dous delitos de homicidio por imprudencia grave e dun delito de lesións

O acusado da morte dun matrimonio nun accidente na Coruña di que viu unha sombra e que bateu contra ela

G24.gal 04/06/2026 17:05

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a condena a catro anos e dous meses de cárcere imposta pola Audiencia Provincial da Coruña ao condutor que colidiu o día de Noiteboa de 2020 contra un vehículo no que viaxaba un matrimonio, que faleceu.

O tribunal considerouno autor de dous delitos de homicidio por imprudencia grave e dun delito de lesións por imprudencia grave, así como de delitos contra a seguridade viaria, polos que tamén lle impón a privación do dereito a conducir durante seis anos e dous meses.

A sala sostivo que o acusado, ao conducir a unha velocidade superior aos 120 quilómetros por hora nunha vía urbana con límite de 50 quilómetros por hora, impactou contra outro coche, o que provocou a morte de dúas persoas e lle causou lesións a outra.

Agora, o TSXG rexeita o recurso do condenado e, entre outras cuestións, que exista un erro na valoración da proba. Mentres, estima parcialmente o da familia polo que o condena ao pagamento dunha indemnización de 2.540 euros aos irmáns dos dous falecidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade