Publicador de contidos
Publicador de contidos

Verbena tradicional en Ramirás na honra do Rella, un gaiteiro dos de antes

Verbena tradicional en Ramirás na honra do Rella, un gaiteiro dos de antes

A asociación xuvenil Rebulir foi a encargada de organizar a festa, na que tamén hai xogos tradicionais

G24.gal 18/06/2022 21:31 Última actualización 18/06/2022 21:45

A verbena de Ramirás foxe das grandes orquestras. Aquí, a música sae das gaitas e dos tambores, e dos aturuxos das cantareiras. É unha verbena antiga, ao estilo tradicional.

"Díxome a muller: vai mirar o que hai alí e xa vés, pero vin que estaban bailando e xa quedei", comenta un veciño.

O colectivo Rebulir é o responsable da organización desta festa, herdeira dos fiadeiros, aliñada con porco ao espeto e concibida na honra do Rella, un gaiteiro dos de antes, moi coñecido aínda en toda a comarca malia falecer xa nos anos 90.

"Unha homenaxe tamén ás verbenas de antes, onde o protagonista é o baile, a música, non tanto espectáculo nin grandes artificios, senón volver á esencia, á tradición", explica Alexandre Sotelino, do colectivo organizador.

Tamén hai xogos para os máis pequenos. Os tradicionais, de xogar cara a cara, sen a mediación das pantallas.

E así, a medida que avanza a tarde, vaise animando a festa, que se alongará, coma toda verbena, mentres a música soe, ata que o corpo aguante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade