Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna lévase o derbi da Malata ante o Racing Club Ferrol(1-2)

O Celta Fortuna lévase o derbi da Malata ante o Racing Club Ferrol(1-2)

O partido estivo marcado pola temperán expulsión de Alex Zalaya que mordeu o céltico Álvaro Marín

Na segunda metade os vigueses tamén quedaron con dez tras a expulsión de Germaine Milla

Álvaro Marín o gran protagonista do partido ó anotar os dous goles do filial vigués

@canteiraceleste
G24.gal 20/02/2026 20:29

O Celta Fortuna segue co seu bo momento de xogo e resultados e derrotou ó Racing na Malata nun partido marcado pola exulsión do local Zalaya que deixou ao seu equipo con dez xogadores ao pouco de comezar o choque despois de morder de forma sorprendente o xogador do filial céltico Álvaro Marín.

O partido comezou de forma inmellorable para o equipo departamental que se adiantaba no marcador no minuto 3 grazas a unha acción individual de Álvaro Juan que rematou cun duro disparo que sorprendeu ó meta Coke Carrillo. Pero pouco despois chegou a inexplicable acción de Álex Zalaya que nunha xogada sen perigo decidiu morder o dianteiro céltico Álvaro Marín. Tras a revisión da vídeo arbitraxe o colexiado decidiu expulsar o defensa verde e o partido trocaba totalmente. Con superioridade numérica o Celta envorcouse  sobre a meta local e Álvaro Marín igualaba o choque tras unha asistencia de Óscar Marcos. 

Na segunda metade igualaríanse as forzas tras a expulsión de Germaine Milla despois dun lance co racinguista Álvaro Ramón. Antón Escobar, que entraba no lugar do capitán Álvaro Giménez, rozou o segundo para os locais pero o seu disparo petou no pau da portería olívica. E cando semellaba que o partido finalizaría co empate chegaría o tanto da vitoria céltica, xa no minuto 92. Unha falta lateral botada por Angelito Arcos foi mal defendida polo cadro ferrolán é Álvaro Marín meteu a biqueira da bota para superar a Parera e certificar o triunfo do cadro que adestra Fredi Álvarez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar