Publicador de contidos

Publicador de contidos

Quince comunidades españolas seguen en alerta polas altas temperaturas

Quince comunidades españolas seguen en alerta polas altas temperaturas

Un mozo de 25 anos, en estado grave por un golpe de calor en Madrid

O mozo sufriu un golpe de calor cando viaxaba no metro de Madrid este sábado pola noite
G24.gal 10/08/2025 13:36

As illas canarias de Tenerife, Lanzarote, Fuerteventura e Gran Canaria están en situación de alerta vermella por risco extremo de altas temperaturas, segundo os datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía, a AEMET. Nas Canarias as temperaturas poden chegar este domingo aos corenta graos, con mínimas de entre 28 e 30.

Na península, a alerta é laranxa nas comunidades de Andalucía, Aragón, Cantabria, as dúas Castelas, Cataluña, Estremadura, Galicia, Madrid, Navarra e a Rioxa.

A previsión sinala que en Andalucía as temperaturas poden chegar aos 41 graos, e en Estremadura, superar os 42. 

En Aragón e Cataluña as altas temperaturas dalgunhas zonas convivirán con tormentas e chuvias fortes nos Pireneos.

O mozo foi intubado e trasladado grave ao hospital madrileño da Paz

As altas temperaturas que rexistra tamén Madrid ocasionáronlle este sábado pola noite un golpe de calor a un rapaz de 25 anos mentres viaxaba no metro. O mozo foi asistido e intubado polos servizos de emerxencia, que o trasladaron ao Hospital da Paz, onde permanece ingresado en estado grave.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade