Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queixas porque o parque infantil das Lagoas está inundado e en mal estado

Queixas porque o parque infantil das Lagoas está inundado e en mal estado

Coa chuvia dos últimos días o recinto de xogos situado na praza Daniel González está cheo de auga

Os pais e as mais din que está completamente abadonado e deteriorado

Hai un proxecto de reforma proxectado, pero mentres non se executa piden que se faga un mantemento para que as crianzas poidan xogar con seguridade

Os pais e mais din que levan meses sen poder usar a zona de xogos
G24.gal 18/11/2025 09:38

As nais e os pais do barrio ourensán das Lagoas quéixanse polo estado de abandono en que se atopa o único parque infantil que teñen na zona. Despois destes días de chuvia, o recinto está inundado. Tamén din que o espazo de xogos é anticuado e está moi deteriorado. Piden un arranxo para que os seus fillos e fillas poidan xogar con seguridade.

Cheo de auga, así está o parque infantil situado na praza Daniel González. Este recinto onde deberían xogar as criaturas parece unha lagoa, e non é un parque acuático.

Xa lle trasladaron tamén as súas queixas á alcaldía de Ourense, pero din que só recibiron unha resposta no móbil. Aseguran que o único que queren é un lugar seguro onde poidan gozar dos xogos os seus fillos e fillas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade