Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un octoxenario sobrevive a unha noite á intemperie tras perderse no monte en Vigo

Un octoxenario sobrevive a unha noite á intemperie tras perderse no monte en Vigo

Foi o propio octoxenario quen chamou á porta dunha casa na Rúa Figueiras para pedir axuda

G24.gal 17/11/2025 20:56

Un octoxenario sobreviviu a unha noite á intemperie tras perderse nunha zona boscosa de Vigo despois de saír a pasear, o que obrigou a despregar un amplo dispositivo policial o señor acudiu a unha casa para pedir axuda.

Segundo informa o 112 Galicia, a vítima perdeuse despois de saír a camiñar este domingo e inicialmente comunicouse por teléfono con coñecidos aos que lles indicou que estaba nunha zona de monte e completamente desorientado.

As persoas coas que mantiña contacto avisaron ao 112 Galicia, pouco despois das 13 horas deste martes.

A vítima, con doenzas previas, pasou a noite á intemperie, probablemente nunha zona de monte, como describía ás persoas coas que mantiña contacto telefónico.

Os xestores do 112 tentaron contactar con el en repetidas ocasións para xeolocalizar a chamada, pero non lles atendía o teléfono.

Desde Emerxencias tamén propuxeron aos seus coñecidos que contactase directamente con ese servizo, aínda que a chamada nunca chegou a producirse.

A central de Emerxencias deu aviso aos axentes da Policía Local e Nacional, que enviaron un helicóptero para tratar de dar con el antes de que se botase outra noite encima.

Foi o octoxenario quen chamou á porta dunha casa na Rúa Figueiras para pedir axuda.

Unha patrulla da Policía acudiu de inmediato e solicitou asistencia sanitaria. Foi traslado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para someterse a un exame médico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade