Publicador de contidos

Publicador de contidos

O metrosidero bicentenario da Coruña aspira o título de Árbore do Ano 2026 de España

O metrosidero bicentenario da Coruña aspira o título de Árbore do Ano 2026 de España

Con máis de dous séculos de vida, ten vinte metros de altura, oito de perímetro no tronco e 30 de diámetro na copa

G24.gal 17/11/2025 20:58

Vinte metros de altura, oito de perímetro no tronco e 30 de diámetro na copa. O metrosidero da Coruña engole o espazo no que hoxe en día está o cuartel da Policía Local. Fai honra ao seu nome, que significa corazón de ferro.

"Ten un nome maiorí moi curioso. É Pohutakawa que significa árobore con flores vermellas que medra xunto ao mar. E nisto A Coruña é privilexiada", conta o profesor de Historia Xosé Alfeirán.

Leva aquí máis de 200 anos. O Concello da Coruña acaba de presentar a súa candidatura ao certame de Árbore do Ano 2026. Lendas e historias aumentan o seu atractivo de orixe neozelandesa que algúns relacionan coas expedicións do século XVI.

"Aí van uns cantos galegos neses barcos. E a partir de aí xorde a hipótese de que igual en calquera desas exploracións alguén o trouxo ata Coruña no século XVI. A fantasía é preciosa", comenta o profesor Xosé Alfeirán.   

En Galicia hai precedentes. O carballo centenario do parque do Banquete de Conxo, en Santiago, foi Árbore do Ano en 2021, o que lle permitiu optar a Árbore Europea 2022. Quedou en segundo lugar. A Coruña retoma a conquista. A votación popular prolongarase ata o 17 de decembro a través da web do certame que promove a ONG Bosques sen Fronteiras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar